Inicio arrow Festas

Acceso Usuarios






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Festas email

 Celébranse no pobo varias festas ó longo do ano, aínda que con carácter irregular e alternancia entre elas, todas teñen un marcado carís gastronómico.

-Festa de San Brais - Celébrase o día de San Brais anterior ó entroido, tódolos participantes deben ir disfrazados e xúntanse na praza  da vila para face-las súas gracias, comer e cantar ó ritmo da charanga composta polos músicos máis antigos do pobo.

 

Image

 

-Entroido - Aquí tiña lugar un dos entroidos máis famosos do entorno; as comparsas portaban durante o día sombreiros que adornados con moito colorido, semellan galos e pola noite percorrían as rúas disfrazados de barcos, sempre acompañados pola música característica.

 

-Festa de Ramos - Ten lugar o domingo do mesmo nome, os mozos compiten por ver quen leva o ramo máis grande á misa e logo os veciños van comprar o polbo ó Val para comer na casa coa familia. 

 

-Festa do Carmen - Celébrase  en torno o 16 de Xullo en honor a Virxe do Carme; durante varios días sucédense as misas, comidas, festas e verbenas amenizadas ó son de distintas orquestras.

 

Image

 

-Festa das Penelas - A segunda fin de semana de agosto; de gran importancia gastronómica, representa un reencontro coas familias que viven fora da vila durante todo o ano e na que todos se reúnen para degustar as empanadas, o polbo, o viño..., e terminar bebendo queimada e chocolate ó son da música dos gaiteiros

 

Image

 

-Magostos - Festa celebrada polo San Martiño na que a xente se agrupa para saborear as castañas, o viño novo e outros productos típicos da terra.