Ten a Mezquita, un escudo de certo interese situado nunha vivenda que noutrora fora castelo, unha fonte situada no centro da vila e un Monumento Nacional de destacada importancia. Ademáis disto no monte de san Marcos encontránse restos do que noutro tempo fora un asentamento castrense. | |
|
A igrexa de San Pedro de A Mezquita, declarada Monumento Nacional no ano 1931, trátase dunha igrexa románica con elementos de transición ó gótico do ano 1.202 (segundo consta na inscrición da porta Oeste, aínda que se sabe que existía no ano 986 por un documento que a cita.)
| De unha soa nave de planta lonxitudinal e ábside semicircular, con contrafortes que destacan en toda a construcción. O ábside, de grandes dimensións centrado por unha cruz latina, está cuberto con bóveda de nervaduras e cuarto de esfera sobre nervios radiais e as súas ventanas son de arcos semicirculares. A nave, comunícase mediante un arco dobremente partido co abside, no que se observan columnas truncadas baixo unha bovedilla.
| Na fachada principal dúas imaxes velan a entrada no ángulo da cornixa e contrafortes: San Pedro, patrón, coa chave na man dereita e a outra pode ser Santa Ana ou a Virxe. Baixo os contrafortes unha loba amamantando aos seus lobetos e un lobo que devora un cordeiro. No segundo corpo da fachada ábrense dúas ventás superpostas; a inferior, entre a portada e o rosetón, é de arco de medio punto axadrezado e a superior é un simple portelo sobre a cornixa. O rosetón está decorado con motivos florais da corrente santiaguesa. A portada sur, ademais de dúas ventás de arco de medio punto con belos capiteis, mostra dous leóns que apoian as súas patas dianteiras sobre un cordonciño dun canastillo, baixo o arco de descarga. Remata na parte superior nun piñón sobre o que se dispón un "Agnus Dei" cunha cruz antefixa (o cordeiro mira para o Oeste, feito insólito en Galicia). | 
|
O monte de san Marcos, de 500 metros de altura foi unha zona moi afectada pola castrización obedecendo a criterios defensivos, con un recinto anular defendido por unha muralla con un alto terraplén, con entrada ó Norte e un segundo recinto interior construido artificialmente por aterramento. Aqui documentaronse abundantes restos de muiños e cerámicas claras e escuras decoradas con motivos propios do mundo castrense.
Quedan restos no pobo tamén da torre de San Pedro de A Mezquita que foi no pasado sede do señorío da Casa de Branganza, pero sufriu diversos derrubes e modificacións, conservándose na actualidade soamente a parte inferior.
Lenda
|