|
Desarrollanse na Mezquita diversas actividades culturales:Case todas as actividades se realizan nos locales da Asociación de Veciños, os cales se utilizan para todo tipo de eventos, gastronómicos, musicais (lugar de ensaio e sede da Coral da Mezquita e mais da Banda de música), reunións veciñais, pabellón de pintura, ximnasio, etc. Estos locales agora destinados a disfrute dos veciños, sempre estiveron ligados a cultura, xa que antes foron Escola Parroquial e nela formáronse o longo dos anos case todos os habitantes da Mezquita. Na "escola" como aínda lle chama todo o mundo, impartironse clases de manualidades, grabados de pintura, música, cociña, asi como ximnasia de mantemento para os habitantes de aqui e doutros pobos cercanos. | Actualmente impartense clases de:
- Ximnasia de manteñemento (Os martes e xoves)
- Encaixe de bolillos (Próximo a rematar)
| Coral da Mezquita Hai que reseñar neste apartado da cultura a labor de expansión e de recoñecemento nacional que para o pobo representa a Coral da Mezquita, composta na súa totalidade por veciños do pobo e dirixida por D. Baldomero Borrajo Canción da Mezquita, interpretada pola coral. | |
Persoeiros ilustres Albino Núñez Domínguez (A Mezquita, 13 de decembro de 1901 - † Ourense, 1974) Escritor, pedagogo e poeta galego. Pasou case toda a súa vida como mestre e logo como director escolar en distintas localidades das catro provincias galegas Á parte do seu labor educativo, Núñez Domínguez realizou estudos xeográficos, de toponimia e literarios, colaborou asiduamente na prensa –La Región, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Noche, Lar, Vieiros, ABC, El Pueblo Gallego, Irmandade (Caracas)...– e traduciu ao galego poemas de Antonio Machado. | | Gran parte da obra de Albino Núñez Domínguez permanece inédita, pero actualmente está en proceso de publicación. Pódense citar, como interesantes traballos da súa autoría: Parnaso Galaico (1956) Musa Galega (1957) A nosa fala (1958) Maruxa ou a femineidade' (1958) Grandezas e miserias da nosa terra (1959) Nin lendas negras nin historias brancas (1962) Toponimia galaica (1965) Romance de Castrelo de Miño Así mesmo, é autor do libro "Temas de pedagogía" (1963), |
| Temos que destacar tamén o labor de expansión dun personaxe singular, un artista adoptivo do pobo, que un bo día chegou para quedarse e conquistarnos a todos, e para levar os cantos e o recordo da Mezquita por toda España. Trátase do cantautor Aquilino González, persoa polifacética, que dende os seus oríxenes Carballinenses chegou a Mezquita como pintor subrealista, (os seus traballos pódense ver por moitos bares da zona). Aqui volve a retomar as súas ilusións de cantautor e, entre innumerables cancións das súas vivencias e aventuras, compuxo unha dedicada a sua compañeira e o pobo "La Mezquita" que para todos nos representa case un Imno. Letra da canción |
|